Absurdo aeroportuario

A suma dos tres aeroportos galegos recibe menos pasaxeiras/os que o aeroporto de Sevilla e realiza menos operacións que o de Alicante. Unha realidade agravada pola irracional competencia interna entre Alvedro, Lavacolla e Peinador, que limita as potencialidades aeroportuarias de Galiza en beneficio doutras áreas do Estado ou da península (Oporto). Os datos amosan reiteradamente a necesidade urxente de dotar ao sistema aeroportuario galego … Seguir lendo Absurdo aeroportuario

Vontade colectiva

As políticas neoliberais non só desataron a actual crise sistémica do capitalismo, senón que teimar nelas nos conduce a un pozo sen fondo. A restrición do crédito da banca, que prefire dedicar os fondos públicos do seu rescate para lucrarse especulando coa débeda pública, afoga o tecido produtivo, hoxe ao bordo do colapso. As inxustas subas de IVE ou IRPF, combinadas coa redución dos salarios –públicos e privados– e das pensións, afondan no empobrecemento das clases populares e farán retroceder –aínda máis– o consumo.

É a espiral destrutiva que baixo dirección da clase dominante –a banca e a grande oligarquía empresarial–, a través dos seus gobernos e coa complicidade dalgúns actores sociais –sindicalismo pactista–, vai camiño de condenar unha parte moi importante do pobo á completa exclusión social.

Seguir lendo “Vontade colectiva”

Do 10 ao 29 (de marzo)

As previsións macroeconómicas do goberno do PP confirmaron a semana pasada o que xa sabíamos. A política de recortes e empobrecemento dos salarios e pensións resultará en milleiros de postos de traballo destruídos.

O propio Rajoy asume indolente que as medidas antisociais do seu goberno sumarán como mínimo 600.000 paradas/os máis, colocándonos ás portas dos 6 millóns a nivel de Estado.

Seguir lendo “Do 10 ao 29 (de marzo)”

Auga para tres meses

Parece que o suministro de auga está garantido para os vindeiros tres meses malia estarmos no febreiro máis seco dos últimos anos.

Porén, o debate social xenerado por mor da previsión de escaseza e propostas descabelladas, como o trasvase que pretendía Caballero no Río Verdugo, inda non se resolveu.

Seguir lendo “Auga para tres meses”

Poder popular

A participación é a base ineludible para construír unha democracia efectiva e plena. O chamado goberno do pobo non se pode limitar á delegación electoral en institucións políticas que as máis das veces escapan do control social e nas que se consuman non poucas traizóns á vontade popular.

A democracia formal vixente alargou o exercicio da pretendida representatividade ata a substitución de facto do suxeito representado: o pobo.

Seguir lendo “Poder popular”

O alcalde dobrou

Caballero cederá ás esixencias do BNG, e corrixirá os orzamentos municipais para destinar 5 millóns de euros a políticas de emprego e 1 millón máis para políticas sociais.

Porén, falta por ver se malia esta rectificación, necesaria e positiva, se manterán partidas de gasto improdutivo desmesuradas: 450.000€ para subvencións a compañías
áreas, 150.000€ nun convenio infame con Citroen ou os máis de 250.000€ para propaganda.

Seguir lendo “O alcalde dobrou”

Fartas/os deste saqueo

As rúas de Vigo, como outros moitos lugares de Galiza e do Estado, levan moitos meses sendo un fervedoiro. A cidade olívica ruxiu con importantes, e nalgún caso masivas, mobilizacións en contra dos efectos sociais da crise do capitalismo neoliberal.

As exitosas folgas xerais do 29 de setembro de 2010 e do 27 de xaneiro en 2011, as sucesivas manifestacións e actos de protesta en defensa dos sectores produtivos da comarca –naval, automoción…– e contra o desemprego, ou as mobilizacións do pasado domingo –nas que se clamou pola folga xeral– constatan o clima de combatividade social que latexa entre a xente, farta de tanto saqueo.

Seguir lendo “Fartas/os deste saqueo”

Folga xeral indispensábel

A situación de desemprego na nosa comarca, con 70.000 paradas/os, e o continuado desmantelamento de importantes sectores produtivos, como a construción naval, debuxan un escenario de emerxencia.

Situación que ven de ser agravada polo acordo de CC OO e UGT coa patronal, que recunca na perda de dereitos, e cunha nova reforma laboral que por decreto precariza até o extremo as condicións laborais.

Seguir lendo “Folga xeral indispensábel”

Caballero rectifica?

Após o Bloque Nacionalista Galego rexeitara o segundo borrador de orzamentos municipais presentado polo PSOE, calco do primeiro, a concelleira de Economía anunciou publicamente que o goberno municipal está en disposición de aceptar todas as condicións postas polo Bloque para os aprobar.

Con razón o BNG se opón a unha proposta orzamentaria que é absolutamente pésima, dado que insiste en concentrar o gasto en beirarrúas ao tempo que reduce partidas de claro contido social como a de garderías ou a bolsa de comedor escolar, máis necesarias que nunca por mor dos graves efectos da crise sobre as clases populares.

Seguir lendo “Caballero rectifica?”

Orzamentos pésimos

Os presupostos retratan o proxecto de cidade dun goberno. A de Caballero é só unha cidade continente, con rúas empedradas, mais cada vez con menos contido, con menos servizos.

Mentres que se incrementa un 8% a partida de humanizacións, que supera os 10 millóns de euros, o goberno do PSOE propón importantes recortes en cultura ou en servizos públicos coma os comedores escolares, as garderías ou o programa ‘xantar na casa’, máis esencias ca nunca pola crise.

Seguir lendo “Orzamentos pésimos”