Desde o lado oscuro da forza.

Réplica a Carlos Luís Rodríguez (El Correo Gallego). Lin unha recomendadisima columna de Carlos Luís Rodríguez do pasado sábado, nese xornal que recentemente publicaba unha tira cómica repugnante pola súa evidente e inadmisíbel homofobia denunciada por diferentes colectivos sociais, por moito que a queiran disimular con insultantes sutilezas de humor; refirome claro está a El … Seguir lendo Desde o lado oscuro da forza.

Prégase silencio real.

A Monarquía Constitucional que preside, en vigor do actual marco constitucional, o Estado Español, foise situando nun papel meramente simbólico-representativo, ás veces mesmo folclórico, pero o certo é que pouco político. Supoño que todas e todos, monarquicas/os e republicanas/os, coincidimos en sinalar que cecais a única vantaxe do réxime borbónico no Estado Español, reside na … Seguir lendo Prégase silencio real.

Outra democracia.

Publicaba hoxe Ramón Chao, sen dúbida unha referencia intelectual no ámbeto galego do que debemos destacar o seu alto compromiso social e coa realidade de Galiza, inda que nos diferencien matices, un artigo de opinión no que coa súa acostumada brillante sinxeleza sintética apostaba “Por outra democracia” como rezaba o título da columna. Exemplificaba a … Seguir lendo Outra democracia.

Trala barricada do presente.

Maio comeza coa reivindicación do Dia Internacional do Proletariado, e coa esixencia de condicións de traballo dignas que nos garantan un benestar colectivo e individual. Comeza con manifestacións, berros, consignas, xa que logo con soños, con arelas, con desexos, con utopía. Há case corenta anos, vinte máis dos que teño no haber da miña experiencia … Seguir lendo Trala barricada do presente.

Cambio adiantado.

O vindeiro 19 de xuño será a data, adiantada 4 meses, para a celebración das eleccións ao Parlamento Galego. Tal e como se pronosticaba Manuel Fraga comunicou esa decisión ao Consello da Xunta de Galiza. Inádmisíbel é que o Presidente do governo galego empregue a convocatoria electoral nun xogo de intereses en marcada chave partidista-oportunista, … Seguir lendo Cambio adiantado.