Zapatero ou o bluff previsíbel.

Acabo de ler o brillante artigo que o compañeiro Xoan Carlos Garrido ven de publicar en Vieiros baixo o título “Acabóuselle o leninismo a Zapatero?” e no que fai unha interesante e sesuda análise arredor da involución do actual Presidente do Governo Español, que comparto. É propio da socialdemocracia proxectar con certa habilidade unha pantalla estética, … Seguir lendo Zapatero ou o bluff previsíbel.

A voltas co debate das ideas.

Manuel Mera publicaba recentemente en Vieiros un artigo baixo o título “O debate das ideas” no que reflexionaba arredor do futuro do movemento nacional popular galego, analisando diferentes cuestións, dende os défices na comunicación social das alternativas de esquerda até a falta de formación da militancia. Concordo no fundamental co enumerado por Mera no seu … Seguir lendo A voltas co debate das ideas.

Democracia 2.0

Máis aló da democracia “formal”, non pode existir unha xenuina democracia real sen unha activa participación sociopolítica. Superar o carácter “representativo” a través de canles de participación directa da cidadanía é o grande repto, se cadra un dos pasos chave nun proceso de verdadeiramente revolucionario. O papel da cidadanía debe afastarse da dimensión reducida de … Seguir lendo Democracia 2.0

Nada que engadir…

Nos tempos da imposición da estética, do factor formal sobre o fondo.; do continente sobre o contido; das maneiras do discurso fronte a mensaxe que o nuclea… Agradecense actos de disidencia perante esta dictadura da mediocridade, que amparada baixo a beizón do politicamente correcto e do talante impostado, só serve para enlamar os debates necesarios. … Seguir lendo Nada que engadir…

A revolución francesa

Un dos temas históricos que máis me teñen interesando dende sempre é a Revolución Francesa. O seu atractivo para min reside en que mesmo sendo un proceso histórico convulso a súa consecuencia, o seu legado, entre outros, é a afirmación do dereito do pobo, da xente, a cuestionarse a orde establecida, e a conquistar aquela … Seguir lendo A revolución francesa

Tibet, a causa do Imperio.

Cando ves a unha “xornalista” participante en realitys como “Supervivientes”, cun autocolante de Free Tibet, empregando espazos en prime time televisivo para facer chegar a súa mensaxe de “defensa dun povo oprimido” polos malvados chineses, que ademáis son comunistas, un comeza a intuir, inda que non teña nen idea do problema tibetano, que esa aparente … Seguir lendo Tibet, a causa do Imperio.

Discursos.

O nadal e o cambio de ano, acostuman ser boas oportunidades para lanzar proclamas e discursos políticos. Inda que existe a idea instalada de que este tipo de intervencións televisadas non teñen demasiado efecto na cidadanía, o certo é que se corresponden co prime time en termos de oportunidade política. Existe, pola habitualidade, una predisposición … Seguir lendo Discursos.