Perdoade a bricandeira do título. A cousa é que o traballo de cartografiarmos o blogomillo avanza inexorábel, co pulo do compromiso de xente como Pedro Silva, Amador Loureiro ou Jon Amil. E algunhas máis, claro. Os principais avanzos poden verse xa no inoreader creado por Pedro, aquí.
O primeiro mapa publicado hai apenas uns días ficou curto case inmediatamente. Daquela xa advertíamos que era un primeiro bosquexo, unha listaxe que sabiamos incompleta mais que quería servir de ponto de partida. E así foi.
Nada máis ser publicada, abrollou na Rede un pequeno dioivo de mensaxes e comentarios, pedindo incluír os blogues propios ou referenciando bitáculas alleas. Vizoso exemplo da boa avinza, solidaria e fraterna, que se practica entre as habitantes das eiras do blogomillo! Mesmo houbo algunhas queixa Algunhas a serio, outras con retranca por notábeis ausencias.
A cousa é que para darlle algo de orde ao proceso, vense de criar un sinxelo formulario para que calqueira poida “empadronar” o seu blogue. Tamén se poden suxerir, como xa dixen, bitáculas alleas. A cousa é que este padrón sexa o suficientemente amplo como para abranguer a totalidade do territorio dixital que ocupan os blogues en galego.
Aquí tedes, pois. A empadroarse:
Este é o meu blogue, espero que vos guste e o gocedes 🙂
GústameGústame
Obrigado Jenny! Anotado.
GústameGústame