Primeiro mapa da nova cartografía do blogomillo

32 thoughts on “Primeiro mapa da nova cartografía do blogomillo”

  1. Ola, Xabier!
    Eu son unha desas que “non emprega lectores de feeds (inda que poida resultar incríbel)”, así que re-publicarei o teu artigo no meu blogue, que é Marlou (http://marlou.blogaliza.org/). O que non entendo é por que aparece este blogue que só utilizo para as tarefas do alumnado na túa listaxe e, pola contra, non aparece o Marlou. Será polos feeds!

    Gústame

  2. Ola Xabier: vou publicar a lista no meu blog, pero faltan algúns para min ben importantes, como Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro ou o blog da artista Inma Doval.
    Como eu non sei o que son “lectores de feeds”, pois non sei se os emprego ou se non.
    Grazas pola iniciativa. Conta comigo. Chisco Fernández Naval

    Gústame

  3. Pingback: A noite branca
  4. Parabens! Unha grande idea!
    Outras suxestións de espazos xa consolidados:
    http://eltoupoquefuza.blogspot.com.es/
    http://demomeleve.blogspot.com.es/
    http://obichero.blogspot.com.es/
    http://fragmentosgutenberg.blogspot.com.es/
    http://zarampagalegando.blogspot.com.es/
    https://cadernodelingua.wordpress.com/
    http://xogosdelingua.blogspot.com.es/
    Eu manteño o último.
    Será un pracer darlle difusión á listaxe.
    Apertas
    Carlos L. Medrano

    Gústame

  5. Fabulosa a idea!, encántame. Boto en falla blogues en galego. Penso que somos moitos máis, o cal é maravilloso, canto máis medre, mellor. E o dos feeds tamén estupendo. Eu deixo aqui os que me corresponden:
    http://arteu.blogaliza.org/ (blogue do colectivo artístico arteu, arte+sociedade)
    https://inmadovalporto.wordpress.com/ (blogue persoal de Inma Doval Porto, artista plástica)
    http://bibedu.blogaliza.org/ (blogue da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da UDC)
    https://nebedaclubelectura.wordpress.com/ (blogue do clube de lectura e encontros literarios Nébeda, tamén da Facultade de Ciencias da Educación)
    Gustariame que os engadirades. Todos eles están en contínua actualización.
    Grazas

    Gústame

  6. Pásote varios blogs… o meu é o primeiro.
    http://sennoticiasdealdebaran.blogspot.com.es/
    Ten versión tamén en castelán pero espero facer contigos só en galego. Ás veces fago o texto en castelán e logo o traduzo e ás veces ao refés.

    Outros blogs que eu sigo e son en galego…
    http://aeiradebalixe.blogspot.com.es/
    http://chousadaalcandra.blogspot.com.es/

    e logo está o veterán Malmequer, sobre as tradicións e as músicas galegas:
    http://www.blogoteca.com/malmequer/

    Gústame

      1. Desculpa entón… é que cando o escribín apareceu o comentario. Por certo, noraboa polo traballo.

        Tan só unha pregunta… prefires que cubra o cuestionario para por así os datos completos? Por min non hai problema.

        Gústame

  7. Ola, Xabier. Algumas referências:

    palavracomum.com
    gruposurrealistagalego.blogaliza.gal
    tatimancebo.algueirada.com
    olevantadordeminas.algueirada.com
    bandoxa.blogaliza.gal

    Obrigado desde já,
    Alfredo Ferreiro

    Gústame

  8. Pois eu vouche mandar o enderezo do meu, que botou a andar vai xa para dous anos e algún máis que sigo:
    zarampagalegando.blogspot.com.es
    (Moi ecléctico, hai de todo)
    larpeirandopalabras.blogspot.com.es
    (Lingua e literatura, do alumnado dun IES de Betanzos)
    puntogalego.blogspot.com.es
    (Lingua, literatura, arte; do CPI do Saviñao)

    Gústame

Os comentarios están pechados.