Non renunciemos á nosa utopía posíbel.

3 thoughts on “Non renunciemos á nosa utopía posíbel.”

  1. Por suposto que si. E non vou dicir que levo toda a vida cun discurso en positivo. E que de pesimismo nada. Nos meus posts non hai nada que non estea no teu de hoxe. Sempre xuntos, claro. Pero de cando en vez hai que dicir que se está farto de hipocrisías. E neste asunto, hai moita. Parabéns por este post. E polo debate. Unha aperta fraternal.

    Gústame

  2. Se che son franco máis que hipocrisía -que non a nego- coido que estas cousas son sintomáticas dun estado de conciencia social/nacional no noso pobo. Eu que acredito no fenómeno da alienación, desde a certeza empírica de comprobar a cotío como o sistema grava a lume, a golpe de reiteración envolvente, un determinado discurso-pensamento (único, uniformador, e xa que logo negador da propia conciencia), mais que bater con carraxe na miña opinión o que corresponde é incrementar a pedagoxía, a explicación social. Situar o noso ‘contradiscurso’ fronte o seu discurso sistémico (hasme permitir esta chiscadela, precisamente nesta palestra virtual). Unha aperta compañeiro.

    Gústame

    1. En efecto. Volvo concordar. Precisamos pedagoxía, pero o gran problema é que esa pedagoxía semella chegar só aos que xa somos da parroquia, aos que xa estamos “escolarizados” e afeitos a liberarnos ou loitar para nos liberar da alienación. O gran reto para min é descobrir como chegar á xente que non é galeguista, que lle importa un pito a lingua e, sen embargo, que sexan quen de se decatar do importante que é todo o noso, coidalo, promovelo, e da desgraza que implica o peche do xornal en cuestión. Outra aperta fraternal.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s