O febreiro silente do que falaba hai unhas semanas alongouse inda máis do debido, entrando de cheo xa no tempo do marzal. Mais como prometera actualicei o blogue, publicando nel sete novos textos, aos que seguirá algún máis proximamente, nos que reflexiono sobre asuntos de actualidade, desde o resultado da folga do 27-X até a valoración dos primeiros 2 anos do desgoberno Feijóo, pasando pola nova estratexia da Esquerda Abertzale ou os sucesos na Libia. Resta por actualizar o apartado audiovisual con algúns vídeos que teño pendentes de colgar tamén da miña bitácora.
Máis nada, agardo que vos paguen a pena os minutos que lle adiquedes a todos ou algún dos contidos desta nova fornada:
- Folga esperanzadora.
- A infame suba da luz.
- Sortu: a “democracia” española a proba.
- O regreso de Idris I de Libia.
- A entrega da caixa galega.
- Dous anos de desgoberno Feixóo.
- O nacionalismo en defensa de Galiza.
E coma sempre, os comentarios serán benvidos.