Facendo uso das ferramentas para webmasters que Edicións Ir Indo amabelmente fornece desde o sitio web do seu dicionario de galego (funcionando desde hai pouco en modalidade premium), veño de incorporar o devandito dicionario no blogue, de tal xeito que ao premeres dúas veces sobre calquera das palabras contidas nas súas entradas ou comentarios abrirase unha fiestra emerxente coa súa definición.
Así mesmo, coidei interesante facer posíbel que todas e todos os lectores deste blogue poidades facer uso deste aplicativo gratuíto para as vosas consultas. A tal efecto, á cabeza da columna lateral do blogue aparece agora un sinxelo cadro de texto no que se escribides a palabra que queirades e facedes dobre clic activarase o mesmo dicionario despregando un pop-up coa definición. [i]
[i] Faise constar expresamente que tal uso non vulnera ningunha licenza do devandito aplicativo e non persigue ningún lucro, nin directo nin indirecto (o blogue non admite publicidade nin xenera ou reporta ningún ingreso económico ao autor do mesmo).