[!] Resultados da enquisa: Ao fío do debate lingüístico.

8 thoughts on “[!] Resultados da enquisa: Ao fío do debate lingüístico.”

  1. Que guai estes resultados. Se os principais causantes da situación actual do galego son o PP e a Xunta, o único que cómpre é que o BNG gañe unhas eleccións á Xunta. Os problemas do galego teñen doada (e rápida!) solución.

    (non vos riades, que o conto é triste)

    Gústame

  2. #Xabier ninguén fala de “causantes”, a pregunta identifica “responsábeis/culpábeis”, en todo caso non compartillo literalmente a túa conclusion, mais de seguro que un goberno nacionalista neste eido, coma noutros moitos, axudaría e moito a mudar a realidade. Ou acreditas en que da igual quen goberne? Ou é tan só un novo alegato despolitizador dun problema que ten unha fonda dimensión política?

    #Caralladas como a enquisa é anónima, e non teño un directorio das IPs dos meus “amigos”, lamento non poder confirmar nin desmentir a túa afirmación. Mais, xórdeme o interrogante de se estarías a descualificar a mostra do inquérito se os resultados fosen outors…

    Grazas a ambos por comentar.

    Gústame

  3. 26.000 falantes perdidos a cada ano!
    Galego em mínimos entre a mocidade!
    Nula consciência linguistica da maioria de utentes de galego!
    Falantes que nom sabem escrever a sua própria língua!
    Acastrapizaçom crescente!
    700 galegos a estudar português nas EOI!
    Galegos que deixam o ensino obrigatório sem saberem que podem ler mais outra língua!
    0 vilas galegas irmandadas com vilas portugueses para favorecer a troca cultural e linguistica!
    O BNG a turrar porque lhes deixem empregar o galego no Parlamento Europeu!
    O movimento de defesa do galego pretendendo ser umha organizaçom plural mas sendo as suas cabeças visíveis apenas membros do Bloco!

    E muito mais!
    Viva o BNG!
    A culpa é do povo, que vota no PP!

    Gústame

  4. #Farta Culpabilizar das propias autoexclusións, por puro sectarismo antiBNG, en espazos unitarios no seo do movemento de defensa da lingua ao propio BNG róncalle. O que si me resultou ben rechamante é que te escandalices porque haxa galegas e galegos interesados en adquirir unha maior competencia lingüística no padrón portugués da nosa lingua… u-lo problema niso?

    Gústame

  5. “Sectarismo antiBNG”
    Sim senhor, viva a analítica. Comigo ou contra mim, sou ex-militante. AntiBNG pouco.

    “O que si me resultou ben rechamante é que te escandalices porque haxa galegas e galegos interesados en adquirir unha maior competencia lingüística no padrón portugués da nosa lingua… u-lo problema niso?”

    Porque som poucos e o partidinho federalista anda a fazer o panoco. Gentinha nas assembleias do Partido a rir-se de companheiros que diziam cousas tam raras como “quiger”, candidatos municipais a falar em espanhol com os filhos, formaçom 0 dos militantes e discursos maximalistas que ficam sempre em rem. Eu cansei. Vós continuai dando voltinhas aos dogmas que se nom o fazedes mui mal ainda vos votarei alguma vez.

    Gústame

  6. #Farta cando falaba do sectarismo anti-BNG non me refería a ti, senón a dinámica de determinadas organizacións que optan pola autoexclusión para vitimizar (p.ex. no caso do acontecido coa Plataforma Queremos Galego).

    Do resto, só podo dicir que lamento que teñas esa opinión e que teñas desistido de seguir achegando o teu grao de area ao proxecto nacionalista que ten no BNG o seu principal instrumento. Non vou entrar no anecdotario.

    Gústame

Os comentarios están pechados.