O Portavoz Nacional do BNG carga contra Pachi Vázquez, secretario xeral PSdeG, polo seu seguidismo da doutrina neoliberal.
[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/_cjONoBs_HQ” width=”520″ height=”320″ wmode=”transparent” /]
“Hay que explicar que el Estado no puede con todo. Quizás se nos fue la mano“, así despachaba esta mañá o Secretario Xeral da sucursal galega do PSOE (PSdeG) a política de duros recortes sociais que está a levar a cabo o goberno central presidido por Zapatero, actuando baixo a batuta dos intereses do grande capital.
Afirmar, por parte dun dirixente dunha forza política pretendidamente “progresista” (o de esquerda xa ninguén llo cré) que o denominado “Estado do Benestar” é unha carga moi pesada que a administración pública non pode soportar, deixa en evidencia que o PSOE está a aplicar, punto por punto, o programa e argumentario do neoliberalismo que provocou a vixente crise sistémica. Como con acerto di Guillerme no vídeo, “hai que botarlle valor”, por que se en algo se lles está a ir a man aos “socialistas” é en castigar ás clases populares coa súa política antisocial. Fica claro máis unha vez que a saída social á crise en Galiza só pode pasar polo BNG. Haberá que telo en conta de cara ao 22 de maio.