O "xiro" do PSOE.

2 thoughts on “O "xiro" do PSOE.”

  1. Tamén a pretendida fusión das caixas a vai pagar a clase traballadora, non é? Non cres que aquí tamén o BNG se está a comportar como “forza política sistémica”?

    Gústame

    1. Grazas por ler e comentar.

      Inda que o tema da para moito, en todo caso vou tentar ser sintético no retruque. A fusión galega producirá a perda de postos de traballo, iso é certo, e é un feito que ten en consideración prioritaria a federación da Banca da CIG, que é favorábel á fusión. En todo caso partamos de que o FROB, aprobado polo PSOE e o PP, é o mecanismo legal que forza e obriga que Caixanova e Caixagalicia non poidan quedar tal e como están. Nesa situación hai 2 alternativas dobres. Unha fusión interna. Unha fusión externa. Un SIP con entidades de fora. Un SIP interno. No caso da fusión externa obviamente o centro de decisión, e xa que logo, de negociación colectiva en clave laboral ficaría fora do noso país e respondería a outros intereses, co que obxectivamente a perda de empregos sería maior e en piores condicións. No caso dos SIP tanto externo coma interno, suporía unha “privatización” ou “bancarización” da entidade, alén de que coma no caso da fusión externa o centro de decisión radicaria en Madrid, mesmo de tratarse dun SIP entre as dúas caixas galegas. Polo tanto tal e como expresou o BNG, coherentemente, a opción da fusión interna, neste escenario que non determinou o BNG, é a única que garante que existan caixas galegas, con centro de decisión en Galiza, e con solvencia económica. Estou certo que o BNG, coma a CIG, manterá unha posición férrea na defensa dos postos de traballo, e tentará impedir por todos os medios que de existir perda de empregos sexan no menor número posíbel e nas mellores condicións para as e os traballadores. Contestando a túa pregunta, na miña opinión o BNG actúa con plena coherencia no marco dunha realidade que determinaron outras forzas políticas.

      Gústame

Os comentarios están pechados.