Boicotes e infantilismo.

10 thoughts on “Boicotes e infantilismo.”

  1. Tes razón oh, igual de estúpidos que aquela rapaza que entrou en Galiemprego e armou a de dios es cristo… agora penso que é secretaria xeral dunha organización da mocidade ou algo así…

    Gústame

  2. Pero vamos a ver home de dios. Entendo que desde o teu púlpito de Iluminación Suprema vexas que todo o que se fai é negativo, pero deberías gardar un pouco de respecto polas compañeiras e compañeiros (por certo, non todos de AGIR, para a tua información, ainda que se fosen, seria o mesmo) que, canto menos, son quenes de facer política REAL e non 2.0. Que fas ti contra a invasión da extrema dereita na Universidade Pública? Se cadra defendes o ensino que defendeu ERGA (e os CAF antes da sua perversión) desde a tua cadeira quentiña, ou é desde este blogue que tanto aporta á teoría e á praxe revolucionaria galega?

    Un pouco de sentidiño, como diria o outro.

    Gústame

  3. Xa está de novo o Xabi divagando coa súa dialética completamente baleira de conteúdo e alzando soflamas de ayatolá:

    1) Se isto é ridículo entón o Nunca Máis que foi, unha peli dos Monty Python?
    2) Cando de Galiza Nova se tiraron ovos a Fraga no Obradoiro, tamén se fixo o ridículo?
    3) Cando se foi a Silleda e se interrompeu o Galiemprego de idéntica maneira, tamén se fixo o ridículo?

    Cito tan só 3 casos ben recentes que che fará reflexionar sobre o estilo que te gastas, chaval, que es un auténtico militante gafa-pasta de postín que o mais que fas é pasar o día diante dun ordenador sen saber moi ben a que te dedicas. Insultar aos demais é ben facil , sobre todo cando están a denunciar a indigndade do representante da dereita na Galiza, e moito pior: o atrevimento e o insulto que supón que visite a propria facultade de Ciencias Políticas en Compostela.

    É patético que non nomearas no blogue tan sequera as agresións aos veciños de Salcedo brutalmente agredidos pola Brilat, ou mesmo que obvies que en Lugo se reprimiu duramente unha manifestación dos Comités. Mais claro, é moito mais importante tentar botar merda sobre os demais co obxectivo lamentábel de expulsalos de onde non queres que exista confontación dialéctica nengunha. Así seráche mais doado agatuñar postos até onde queres non? Sen adversarios.

    Finalmente, o pior de todo é que no teu blogue ves con simpatía os disturbios en Grecia e mesmo te atreves a ir de revolucionario pola vida. Que pasa, os métodos son mais lexítimos por provir de coordenadas lonxanas? Son proporcionais á distancia? Ou mais ben ocorre que aquí o único distanciado da realidade es ti e sofres unha cagarría mental de proporcións descomunais?

    Ou mais ben será que estamos no goberniño e hai que gardar as apariencias con effendi non vaia ser que se moleste e logo non nos dea o vaso de auga? Lamentábel e pateticamente deleznábel. Nunca chegarás a nada.

    Porque insultar a memoria do nacionalismo e ainda pior, os compañeiros de organización é demostrar ser un auténtico hipócrita. Non che teñen respeito nen no teu proprio sector, mais segue así, que lonxe chegarás.

    Gústame

  4. melhor fazer isso q nom ficar quedo ante uma charla fascista em uma universidade pública e galega… onde estavan os Comités da UMG?? caladinhos e quentinhos mentres o fascismo entra na nossa universidade com impunidade!!

    Gústame

  5. Lembra-te da LOU, Xabier? Quantos actos do PP se boicotárom? E Nunca Máis? E contra a guerra? Quantos actos IDÉNTICOS a este tenhem boicotado os CAF-CAE antes de que asipirassem a se converterem em sindicato amarelo? Quantos a CIG? Quantos Galiza Nova, com os teu “camaradas” entre eles? Muitos deles, coma ti, condenarám estas acçons. Que pouca memória…

    Mira aqui: a legitimidade em que cifra está? 12 som pooucos mas 15 avondam? Estes também davam argumentos ao PP, seica:

    E aqui, nem a dez chegam, e em directo! Que bochorno!

    E poderia pôr dúzias de vídeos e imagens mais, para pôr de manifesto a tua vomitiva hipocrisia.

    Gústame

  6. Teño que comezar dicindo dúas cousas. Primeiro que me sorprendeu moitísimo a reacción e a cantidade de comentarios a esta entrada, que nacía basicamente dun certo nivel de cabreo,que máis adiante explicarei. A proximidade nas horas de publicación dalgúns comentarios e IPs coincidentes en varios deles, conseguiron eliminar esa sensación de sorpresa.

    En segundo lugar, non vou entrar a respostar descalificacións persoais. Sigo sen comprender porque os debates no canto de xirar arredor das teses que cada un defende, sobre argumentos, acaben as máis das veces nunha descalificación gratuíta e un tanto simple dalguén. Só pediría, e é unha mera petición, que todas e todos nos expresemos dende uns mínimos de respecto, que coido que eu non sobrepasei. Dende logo non é unha das miñas intencións cando escribo ofender, a ninguén. Na foto só vin a un compañeiro meu, ao que respecto e ao lle teño unha boa consideración, que penso que se equivocou participando (de aí o de despistado).

    Hei de dicer que relin varias veces a entrada, por se esta fose resultado dalgún proceso de enaxenación mental transitoria, porque lendo algunhas acusacións que se verquen nalgún dos comentarios tiña a sensación de que estamos a falar de textos distintos. E iso parece.

    En ningún momento cuestionei a ferramenta do boicote, que como ben se dixo en varios comentarios, foi empregada por moitas organizacións. Coma moitas/os compañeiras/os eu mesmo teño participado nalgunha desas accións. Pensei que iso ficaba claramente implícito no texto,pero vese que non.

    O que sí cuestionei é a oportunidade desa acción concreta, e doutras dúas. A elección non foi casual, sinalei aquelas que coido que foron inoportunas en termos políticos e cuxos resultados na miña opinión no canto de servir para afortalar causas lexítimas, que comparto como non podía ser doutro xeito, lle serviron en bandexa de prata excusas para vitimizar aos verdugos.

    Hai un factor que para min é importante ter en conta. En todos os boicotes que se citaron, Galiemprego, etc.. que na miña opinión foron accións necesarias e oportunas, estos desenvolvíanse contra de elementos que formaban parte da estrutura de governo, non da oposición. Sei que ese matiz é complexo, e probabelmente me faga merecer outra recua de calificativos nada agradábeis, pero o certo é que non é o mesmo denunciar mediante un boicote en medio do Galiemprego o paripé do governo Fraga en materia de emprego xuvenil, que intentar impedir un acto da cabeza visíbel do partido da oposición. Acepto que non se comparta esa diferenciación, pero para min é crucial.

    Preocupame igual que a todas/os as/os nacionalistas o feito de que o discurso da dereita, e tamén da socialdemocracia, españolas estea a calar na mocidade galega e acade maiores espazos de proxección social, pero honestamente non creo que Núñez Feijoo non teña dereito a impartir unha palestra na universidade. Para contestar a ese fenomeno de revitalización social do discurso antigalego que Feijoo e o PSOE encarnan, na miña opinión o que hai que facer é espallar o noso discurso non intentar silenciar o seu.

    Hai paralelismos aos que non ha lugar. Nin o que se fixo na USC ten nada que ver coa reacción social, maioritaria, en Grecia perante a violencia policial e a crise económica, nin é equiparábel de lonxe coa actividade lexítima dos piquetes sindicais. Porque? Porque as circunstancias que o provocan non son as mesmas e o seu efecto social tampouco.

    A ver, o que me molesta non é que se lle faga pasar un mal rato ao lider do PP en Galiza, só fodería, senón que esa acción non me parece intelixente politicamente, porque consigue o efecto inverso do que busca. Iso foi o que me cabreou, saber da utilización que se ía facer do tema, e que mesmo contou coa participación de Touriño… Esa, e non outra, é a miña opinión, e o que pretendía dicer nesta entrada,vexo que con máis desatino que acerto.

    Os esforzos pode que sexan ben intencionados, e non o dúbido, pero iso non os fai acertados nin oportunos.

    Por outra banda Daniel ten razón nalgo que dixo. Debería ter colgado algo a respecto do acontecido en Salcedo onde o exercito de ocupación e as forzas de represión cargaron violentamente contra a veciñanza que estaba a defender os seus dereitos (recomendo a última entrada no blogue de Bieito Lobeira que comparto ao cen por cen), ao igual que co sucedido en Lugo cos estudantes nos que mallou a policía. Se non o fixen, igual que noutros moitos casos, non foi por unha deliberada intención de obvialo, senón por falta de tempo, pese a que algún diga con mala ostia que a miña militancia é 2.0

    No debate é importante rebatir o que o outro di realmente, non o que un pensa ou imaxina que di.

    Mil grazas pola vosa participación no blogue.

    Gústame

  7. Falas da utilidade política de que 10 persoas sexan as que boicoteen un acto e despois dis que hai accións que son xustificabeis. ¿Es ti quen marca a oportunidade ou non dunha acción?.

    O que leo nesta entrada e outra verborrea sen sentido de quen se cre poseedor da verdade absoluta. Faltas ao respeto a outras organizacions e mesmo a outros compañeiros e fas de “eco” do “papanatismo” da prensa. Ti tamén “vitimizas” aos que son agresores da pátria nesta entrada de bitacora.

    Se cadra necesitas un pouco de humildade e como dixeron por ai sair desa cadeira quentiña desde a que escrebes a facer política real e non (por muito que che ofenda) 2.0

    O unico que suxieres é OPORTUNISMO.

    Gústame

Os comentarios están pechados.