Para qué serve o autogoverno?

2 thoughts on “Para qué serve o autogoverno?”

  1. A min o Quin defraudoume. Como bergantiñán teño que dicir que se estou na próxima asemblea do BNG, seguramente vote na súa contra. O que vén de dicir sobre o plano de acuicultura, despois do que dixera Bieito Lobeira e o que traballara nese senso, e despois de todo o que defendera o BNG neste difícil ano (pelexando incluso contra boicotes ao BNG por parte de certas xentes) paréceme imperdoábel.

    Gústame

  2. Cando o BNG, asumimos colectivamente como organización o feito de asinar un pacto de governo co PSOE na Xunta de Galiza, penso que eramos conscientes, ou debíamos selo, de que se xa a acción de governo per se xenera contradiccións, o feito de entrar nun executivo presidido polo PSOE ía incrementalas.

    Unha das condicións dese pacto de governo é que as accións executadas por calquera das consellarías, independentemente de que o seu titular sexa do BNG ou do PSOE, son asumidas como un proxecto do conxunto do governo. Esa condición é a que serve de garantía da autonomía das diferentes áreas, e que fixo posíbel o bo traballo feito por parte de Medio Rural, Vivenda, Industria ou Vicepresidencia. Obviamente algúns dos proxectos e iniciativas das áreas nacionalistas non son do gosto do PSOE, pero é esa condición a que impide un “veto”.

    Comprendo perfectamente a sensación de frustración. Con todo, hai que ser honestas e honestos: todas e todos sabemos que o Plano Acuícola é unha iniciativa unilateral do PSOE que o BNG non quería apoiar e que mesmo emendou en grande medida. Como dixo Lobeira “non somos o pai desa criatura”, pese a ter que aceptala como parte do governo, igual que o PSOE tivo que aceptar as Galescolas ou o Bantegal.

    Coido que é evidente que a “emenda” que fixo Quintana, como Vicepresidente da Xunta, a Lobeira, forma parte dunha posta en escena que exixe o propio pacto de governo. Pero Lobeira, como interlocutor do BNG, dixo o que dixo, e ben dito quedou. Non sei se me explico.

    Por último grazas por visitar o meu blogue e por comentar.

    Unha aperta compañeiro.

    Gústame

Os comentarios están pechados.