Idioma e sentido común

3 thoughts on “Idioma e sentido común”

  1. http://www.youtube.com/watch?v=QC6dZ642qx4
    Un video clarificador. Galicia bilingue descóbrese por ela mesma.
    Aínda que o verdadeiro problema non é galicia bilingue. Coma a máis cousas, estáselle a dar demasiada importancia. Deberíades(mos) mirar un pouco os pes, sobre todo os políticos, os primeiros grandes ‘estafadores’ de lingua. Cando este xeneralizado, pero de verdade, entre os políticos, e tamén nas institucions, a xente vai detrás. Creo que sería o primeiro paso, de entre outros muitos¡

    Gústame

  2. Grazas Masoucos polo vídeo, que vou colgar agora como entrada no blog. Inda que coincido con que non podemos caer no erro de darlle bombo e sobredimensionar a unha entidade con escasisima representatividade social. Concordo contigo en que é preciso xeneralizar o uso do galego, pero disinto da túa aseveración de que cando políticos e institución asuman en conxunto o galego como lingua vehicular a xente irá detrás.

    Eu penso que o proceso é máis complexo, e non está asegurado que caia en cascada como ti dis. Penso que o maior e mellor empuxe é o da cidadanía, e o proceso de normalización ten que ir máis aló da cancha institucional: cando escoitemos hip hop en galego, cando haxa pop estilo OT en galego, cando haxa cinema ou teatro comercial en galego e non só obras e filmes de rexistro intelectual ou etnicista, cando a sinaléctica do supermercado estea en galego… Tratase dun proceso de inmersión, de normalización por ósmose.

    Gústame

  3. é un poceso complexo, pero ten que empezar por algún lado…, e o lugar adecuado, creo, é o das institucions. É ahí onde está unha das chaves. Xa digo, unha.
    A cidadanía está ko, porque por exemplo, canta xente fala galego na coruña? Pero é paradóxico, se ti lle falas galego, respondenche tan galego como ó galego ;), eso a que se debe?

    E outra máis, porque en conversas de galego-falantes e castelán-falantes, sempre son os galego-falantes os que din algunha verba en castelán, e non os outros? Éste é un tema do máis curioso…

    Un video que recomendo ver, é o de ‘linguas curzadas’, un moi bo, documento¡
    video.google.com/videoplay?docid=-7399630610169788180

    saúdos¡

    Gústame

Os comentarios están pechados.