“A morte de calquer persoa disminueme, porque eu formo parte da humanidade; por tanto nunca mandes a ninguén a preguntar por quén dobran as campás: dobran por ti.” (John Donne )
Acudimos recentemente á tráxica perda dun entregado veciño de Valladares, dunha persoa profundamente comprometida coas persoas e co seu benestar, dun cidadán de primeira, pero ademáis dunha persoa singularmente excepcional no humano.
Elisardo Dacosta quen foi Presidente do Centro Cultural e Veciñal de Valladares (Vigo), demostrou sempre o compromiso cos intereses xerais da súa veciñanza, e da do conxunto da cidade, por riba das confrontacións gratuítas, das diferenzas de matiz ou de enfoque. Son persoas como Elisardo as que consiguen facer da diferenza, da diversidade na concepción da realidade, un valor sempre positivo e enriquecedor. Un excelente compañeiro no seo do movemento veciñal, leal co proxecto común que o movemento veciñal vigués ten a través da súa Federación, honesto e sempre diposto a colaborar, a aportar, a sumar.
Unha persoa próxima, amábel, humana e honesta. Gran negociador. Elisardo é como dicía estos días Elena “un lider veciñal xeneroso que deixaba pegada”. Foi quen de gañarse o respeto das administracións, o apoio de todo un barrrio, e destacadamente das/dos suas/seus compañeiras/os de Directiva e Federación, pero sobor de todo foi quen de merecer o inmenso afecto que estos días todas e todos os que o coñecimos necesitamos expresar, superando o que nos diferenza, Elisardo volveu a aportar sensatez nun consenso arredor esta vez da súa persoa, que ogallá nunca se tivera que ter dado.
Contigo sempre compañeiro.
===
Publicado en Xornal.com o 01/09/06.